Unha das novidades da edición 2024 da Festa HQR! é o crecemento exponencial da presenza do río Lérez no programa. E entre as actividades que se levarán a cabo no leito do mesmo, inclúese a Regata HQR!: unha proba que chega para ficar no calendario do certame.
A Regata HQR! pretende afrontar desde un prisma competitivo á vez que lúdico unha confrontación entre as diferentes embarcacións de Bote Dragón de dous dos clubs máis numerosos e representativos do piragüismo non só da cidade de Pontevedra, senón das Rías Baixas: o Piragüismo Verducido e o Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.
A competición está inspirada nun dos eventos máis afianzado na tradición padexeira universal, a regata Oxford-Cambridge, que tódolos anos acolle o río Támesis entre as tripulacións das que son, probablemente, as dúas universidades máis prestixiosas de Inglaterra.
A Regata HQR! aspira a converterse tamén en tradición, aínda que na primeira edición é afrontada de forma algo máis descontraída polos participantes, que se prestan a participar fóra da temporada natural da canoaxe.
Farano nos barcos de bote dragón que se disputan a hexemonía local dunha modalidade que está en crecemento. De feito, o Verducido pode presumir dun subcampionato do mundo.
A rivalidade sa entre os dous equipos participantes é o motor desta competición que afrontan con moi bos ollos os representantes dos dous conxuntos.
“Nos hace ilusión, porque nos enfrentamos dos hermanos, entrenadores de los que quizás sean los dos mejores clubes pontevedreses. Él escuchó lo que dije en los Premios HQR! sobre que no tenían nada que hacer y me dijo ‘Te vas a comer las palabras” relata Javier Villanueva ‘Jabucho’, que terá enfronte a seu irmán Emilio.
A proba contará con “mucha rivalidad, pero muy sana”, desde o primeiro día. “Vamos a pasarlo bien”, recoñece o preparador do Piragüismo Verducido, que ve con bos ollos que a competición se eternice no tempo.
Será o domingo á mañá, cando a actividade principal da Festa HQR! se trasladará ás augas do Lérez. A partir das 11:45 levaránse a cabo as diferentes regatas que están previstas para a ocasión, co reinado do bote dragón pontevedrés en xogo.
Para Jennifer Casal, preparadora do Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra é unha grande oportunidade, ademais de constituir “la primera competición de la nueva temporada. Nada más preguntarlo, todos dijeron que querían participar. Así que ganas hay. Vamos a disfrutar”.
Todos coinciden en sinalar a competitivade entre os barcos e o bo talante existente. “Entre las chicas hay rivalidad sana, porque en unas competiciones ganan ellas y en otras, nosotras. Está muy guay, porque no hay competiciones de dos barcos únicamente. Se reduce a dos clubs muy cercanos y que nos conocemos. Como mínimo es novedosa”.
Iso si, ten unha mensaxe para Javier Villanueva: “A Jabucho hay que decirle que tiene que demostrar en el agua”.